martes, 8 de marzo de 2011

A terraza de Chicolino


A Terraza de Chicolino
(A Pobra do Caramiñal)

Rúa Castelao, 7-9 - 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Teléfono: 981 83 02 67

www.aterrazadechicolino.es
aterraza@chicolino.es


Sobre a praia de Los Arenales e con vistas ao Porto da Pobra atopamos este restaurante. Ao pracer das vistas acompaña a calidade da comida que desfrutamos.
Especialidade en peixes e mariscos, con pratos sinxelos e tamén elaborados. A adega é bastante ampla, con viños de certo nivel. Bótase únicamente de menos unha maior variedade en canto ás D.O. que se limita ás máis clásicas.
O menú que degustamos comezou cun Salpicón de Rape e Langostinos, que estaba moi rico, Dúo de vieiras (gratinadas, ao estilo tradicional) e Lubina con rissoto de setas e salsa de erizos, que estaba francamente delicioso. Todo acompañado un viño do Ribeiro 2 Hectáreas. Para rematar tomamos un postre de Filloas recheas (impresionantes) e Eclipse de café (Mousse de café con xeado).


Paga a pena, ademáis do xa comentado, pola atención do persoal e a tranquilidade do local. Ten que ser unha maravilla cear na terraza no verán ou nos últimos días da primaveira.
Ideal para xantar ou cear con amigos e para darse unha homenaxe en parella.

Nota: Paga a pena visitar os arredores (www.apobra.com)