miércoles, 27 de julio de 2011

Bar Manolo

Bar Manolo (Vigo)
Camiño Espiñeiro, 69- 36216 Vigo (Pontevedra)
Na estrada que vai dende a entrada de Vulcano (Rúa Enrique Lorenzo) ata o Porto de A Lagoa
Teléfono: 986 264752

 
O Bar manolo é un bar ubicado na ladeira do monte da Guía. Ten unha terraza cuberta exterior que o fai ideal para merendas e ceas de verán. Paga a pena pola calidade dos peixes e mariscos, sen desbotar a carne, que tamén a serven cun moi bo nivel.
Recomendamos en especial os percebes (aínda que cando os tomamos nós eran pequenos tiñan un magnífico sabor), as navallas (que ricas e que rico o aceite no que mollamos o pan), e as nécoras (perfecta cocción, sal e cheíñas, cheíñas).
Como segundos pratos tomamos un surtido de peixes dos que lle quedaban (chegamos ás 11 da noite cunha reserva de 14 persoas e aparecimos 21) que estaban moi bos: Besugo, Rodaballo, Palometa e Palometa Rosada. Todos eles á prancha pero espectaculares de sabor. Tamén algunhas persoas optaron pola carne: Chuleta de terneira e churrasco, quedando moi satisfeitos.
En canto aos postres, combinación de postres caseiros e non caseiros, bastante correctos.
A adega está sen avaliar de momento. Tomamos un condado caseiro que non estaba nada mal e un Rioja tinto de batalla, en cantidades industriais.
O licor café e a crema de oruxo están bastante bos. Bebimos abundantemente.
O prezo oscila dependendo do prezo de mercado do peixe. No noso caso ascendeu a 35 euros por comensal, o que, dado a calidade da comida, nos pareceu moi razoable.



lunes, 25 de julio de 2011

Bar Lobo do Mar

Bar Lobo do Mar (Vigo)
Rúa da Anguía, 2 - 36202 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 22 20 27




O Lobo do Mar é un pequeno bar de comidas caseiras e tradicionais, baseadas nos productos do mar. 
No casco vello vigués, posúe un ambiente familiar e cercano. Paga a pena pola calidade e frescura dos peixes e mariscos que serven.
Recomendamos calquera peixe que dispoñan nese momento,pero se teñen guiso de xoubiñas, chipiróns encebolados con patacas fritidas e un sargo á prancha, é un menú suficientemente bo e contundente para desfrutar da boa cociña do lugar. 
A cociña recorda á tradicional caseira, das que se poderían comer nas casas dos avós de calquera persoa.
En cuanto aos postres, tamén caseiros, está bos, se chegar a ser espectaculares
A adega é ampla, con denominacións de orixe das non habituais e a bos prezos. Nós, tomamos un Edra do Condado moi sabroso e económico
O licor café está tamén a un bo nivel
Os prezos oscilan entre 15 e 20 euros.

martes, 8 de marzo de 2011

A terraza de Chicolino


A Terraza de Chicolino
(A Pobra do Caramiñal)

Rúa Castelao, 7-9 - 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Teléfono: 981 83 02 67

www.aterrazadechicolino.es
aterraza@chicolino.es


Sobre a praia de Los Arenales e con vistas ao Porto da Pobra atopamos este restaurante. Ao pracer das vistas acompaña a calidade da comida que desfrutamos.
Especialidade en peixes e mariscos, con pratos sinxelos e tamén elaborados. A adega é bastante ampla, con viños de certo nivel. Bótase únicamente de menos unha maior variedade en canto ás D.O. que se limita ás máis clásicas.
O menú que degustamos comezou cun Salpicón de Rape e Langostinos, que estaba moi rico, Dúo de vieiras (gratinadas, ao estilo tradicional) e Lubina con rissoto de setas e salsa de erizos, que estaba francamente delicioso. Todo acompañado un viño do Ribeiro 2 Hectáreas. Para rematar tomamos un postre de Filloas recheas (impresionantes) e Eclipse de café (Mousse de café con xeado).


Paga a pena, ademáis do xa comentado, pola atención do persoal e a tranquilidade do local. Ten que ser unha maravilla cear na terraza no verán ou nos últimos días da primaveira.
Ideal para xantar ou cear con amigos e para darse unha homenaxe en parella.

Nota: Paga a pena visitar os arredores (www.apobra.com)