miércoles, 27 de julio de 2011

Bar Manolo

Bar Manolo (Vigo)
Camiño Espiñeiro, 69- 36216 Vigo (Pontevedra)
Na estrada que vai dende a entrada de Vulcano (Rúa Enrique Lorenzo) ata o Porto de A Lagoa
Teléfono: 986 264752

 
O Bar manolo é un bar ubicado na ladeira do monte da Guía. Ten unha terraza cuberta exterior que o fai ideal para merendas e ceas de verán. Paga a pena pola calidade dos peixes e mariscos, sen desbotar a carne, que tamén a serven cun moi bo nivel.
Recomendamos en especial os percebes (aínda que cando os tomamos nós eran pequenos tiñan un magnífico sabor), as navallas (que ricas e que rico o aceite no que mollamos o pan), e as nécoras (perfecta cocción, sal e cheíñas, cheíñas).
Como segundos pratos tomamos un surtido de peixes dos que lle quedaban (chegamos ás 11 da noite cunha reserva de 14 persoas e aparecimos 21) que estaban moi bos: Besugo, Rodaballo, Palometa e Palometa Rosada. Todos eles á prancha pero espectaculares de sabor. Tamén algunhas persoas optaron pola carne: Chuleta de terneira e churrasco, quedando moi satisfeitos.
En canto aos postres, combinación de postres caseiros e non caseiros, bastante correctos.
A adega está sen avaliar de momento. Tomamos un condado caseiro que non estaba nada mal e un Rioja tinto de batalla, en cantidades industriais.
O licor café e a crema de oruxo están bastante bos. Bebimos abundantemente.
O prezo oscila dependendo do prezo de mercado do peixe. No noso caso ascendeu a 35 euros por comensal, o que, dado a calidade da comida, nos pareceu moi razoable.



No hay comentarios:

Publicar un comentario